Emprego e Igualdade: Subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (Programa Aprol-economía social).

08/02/2021

Obxecto: Convocar as subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en réxime de concorrencia non competitiva, coa finalidade de fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras a cooperativas e sociedades laborais e proceder á súa convocatoria para o ano 2021.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 9 de febreiro e finalizará o 30 de setembro de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

 

Establécense os seguintes programas de axudas:

a) Programa I: fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais (procedemento TR802G).

Este programa ten por obxecto establecer incentivos para o fomento da incorporación de persoas socias traballadoras ou de traballo en cooperativas ou sociedades laborais, con carácter indefinido ou a proba.

b) Programa II: fomento do acceso á condición de persoa socia (procedemento TR802J).

Este programa de subvencións está dirixido ao fomento do acceso á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo, de cooperativas ou de sociedades laborais, así como ao fomento do acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas. Este acceso facilítase mediante o financiamento das achegas económicas ao capital social que debe desembolsarse para a incorporación como socio ou socia.

 

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210208/AnuncioG0599-210121-0001_gl.pdf



En prazo de presentacion: Data límite:30/09/2021
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a