Vivenda: Programa do bono de alugueiro social do Plan rehaVIta, Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020

10/01/2019

Obxecto: convocar as axudas do Programa do bono de alugueiro social do Plan RehaVIta: Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, para o ano 2019, con financiamento plurianual.

Persoas beneficiarias:

  • Poderán ser persoas beneficiarias deste programa as previstas no artigo 2 das bases reguladoras, sempre que cumpran os requisitos previstos no artigo 3 das citadas bases.
  • Poderán ser beneficiarias das prórrogas extraordinarias previstas no artigo 6.2 das bases reguladoras aquelas persoas que finalizasen o período máximo ordinario de desfrute das axudas deste programa no ano 2018 ou durante o ano 2019.

Prazo de presentación de solicitudes

1. O prazo para a presentación de solicitudes desta convocatoria comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e terminará ao esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria e, en todo caso, o día 13 de decembro de 2019.

2. As persoas beneficiarias deste programa e que non perderan o dereito mediante a oportuna resolución, poderán solicitar a prórroga ordinaria ou, de ser o caso, extraordinaria, dentro dos dous meses anteriores á data de remate da concesión inicial ou, de ser o caso, das prórrogas que estea percibindo, coa excepción sinalada no parágrafo seguinte.

3. As persoas que xa tivesen desfrutado os períodos ordinarios da axuda durante tres anos, á data da publicación desta convocatoria, poderán solicitar a prórroga extraordinaria no prazo de dous (2) meses, contados desde a publicación desta resolución.

 

Solicitude do bono de alugueiro so...

 

Solicitude de prórroga do bono de ...

 

Bases reguladoras do bono de alugu...

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190110/AnuncioC3Q2-281218-0001_gl.pdf

En prazo de presentacion: Data límite:13/12/2019
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a