Política Social: axudas para a posta en marcha de casas do maior

07/09/2018

Obxecto: Convocar, para os anos 2018 e 2019, cun máximo de 15 mensualidades, axudas para a posta en marcha de experiencias piloto destinadas á atención de mulleres e homes maiores de 60 anos de idade, en situación de dependencia moderada e severa, grao I e grao II respectivamente, mediante o establecemento da casa do maior nos concellos de menos de 5.000 habitantes.

Características do proxecto:

  • A casa do maior, como fórmula destinada a contribuír na atención e prevención da dependencia para manter e mellorar a calidade de vida, ofrecerá unha atención integral e personalizada a persoas maiores de 60 anos en situación de dependencia moderada e severa, grao I e grao II, respectivamente, a cal comprenderá a atención específica das súas necesidades básicas de alimentación, hixiene e tempo libre, de tal modo que se procure o seu mantemento no medio social habitual evitando o internamento en institucións cando isto non sexa o desexado ou cando non existan preto do seu domicilio habitual. A este respecto deseñarase e organizarase un ambiente e trato familiar no que se dea resposta ás necesidades derivadas da idade e da situación de dependencia da persoa usuaria.
  • Este proxecto piloto desenvolverase, sen prexuízo do establecido para o servizo de manutención, con carácter gratuíto na modalidade de atención diúrna e de luns a venres durante todo o ano, excepto os días festivos e un mes de cada doce, no que a casa do maior permanecerá pechada por vacacións.
  • Salvo as excepcións previstas no punto anterior, o proxecto debe manterse en funcionamento ininterrompidamente durante todo o ano, polo que é necesario contar cunha persoa que substitúa a titular no caso de enfermidade ou algunha situación de emerxencia.
  • A atención prestada comprenderá a manutención, a hixiene, o desenvolvemento de actividades de lecer e/ou adestramento cognitivo.
  • As persoas maiores poderán acudir ao centro un máximo de oito horas diarias nun horario flexible que se pactará co/coa profesional que desenvolva o proxecto piloto. En función deste, servirase a comida, o almorzo e/ou a merenda, segundo proceda.
  • Cada casa do maior terá un máximo de cinco prazas.
  • As persoas maiores que acudan á casa do maior deberán estar en todo caso empadroa/as no concello en que esta se situase ou nun limítrofe onde non existan recursos de atención ás persoas maiores.
  • Para acceder ao financiamento previsto é necesario que se atenda a un mínimo de dúas persoas maiores, número mínimo que non poderá reducirse. Para estes efectos, non se terá en conta o período de tempo que transcorra entre a notificación da adxudicación de praza á persoa usuaria e a ocupación efectiva dela.

Solicitude e tramitación en liña

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180907/AnuncioG0425-290818-0001_gl.pdf

Terminou o prazo de presentacion Data límite:08/10/2018
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a