Familias Hoxe
Trámites

Guía de comunicación


Ligazóns
Consellería de Traballo e Benestar
FormacionBenestar.com
Galiña azul
Mediación Intraxudicial
Consorcio Galego
Asociación Galega de Familias Numerosas
Xuventude.net
Voluntariado Galego
Quérote
Preescolar na casa. Educar en Familia

Inicio > Axudas e Subvencións

Axudas a traballadores/as afectados/as por procesos de reestruturación de empresas que supuxeran a extinción dos seus contratos


18/06/2010

O Diario Oficial de Galicia publica as axudas de carácter extraordinario a traballadores e traballadoras afectados por situacións de especial dificultade como consecuencia de procesos de reestruturación de empresas da Comunidade Autónoma de Galicia que supoñan a extinción dos seus contratos.

Obxecto: axudas, en concorrencia competitiva, de carácter extraordinario en procesos de reestruturación de empresas da Comunidade Autónoma de Galicia que puidesen levar consigo o cesamento total ou parcial das súas actividades. A finalidade é axudar a traballadores e traballadoras destas empresas que, como consecuencia destes procesos, se atopan en situacións de urxencia e necesidade sociolaboral e, ao mesmo tempo, contribuír ao mantemento do emprego naqueles supostos nos que sexa posible.

As axudas poderán ser solicitadas de xeito individual directamente polas persoas traballadoras ou por unha persoa que as represente ou, en nome dun colectivo e de forma conxunta, pola propia empresa autorizada polas persoas beneficiarias ou representantes elixidos por estas persoas, sempre que figure a autorización destas para ese trámite conxunto, tendo en conta que as persoas beneficiarias serán sempre os traballadores e traballadoras afectados/as.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 19 de xullo (por ser o 18 inhábil).

Máis información e solicitudes: páxina web da Consellería de Traballo e Benestar http://traballo.xunta.es


En prazo de presentacion:
Data límite:19/07/2010