Política Social: axudas para investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 dependentes de EIS

06/08/2019

Obxecto: Convocar axudas económicas ás entidades privadas de iniciativa social sen ánimo de lucro para a adecuación e mellora das escolas infantís 0-3 da súa titularidade a través da realización das obras menores e da compra dos equipamentos precisos, na consideración de que a calidade das infraestruturas e do mobiliario e recursos educativos utilizados son un factor básico de impulso da calidade da atención prestada.

Entidades beneficiarias

1. Poderán optar a estas axudas as entidades privadas de iniciativa social sen ánimo de lucro que teñan en funcionamento unha ou máis escolas infantís 0-3 que desenvolva/n a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia sempre que a/s escola/s para a/s que solicita/n a axuda cumpra/n os seguintes requisitos:

  • Os establecidos no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, no Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, no Decreto 192/2015, do 29 de outubro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia, así como na normativa de desenvolvemento, se é o caso.
  • Aplicar unha tarifa de prezos axustada ao réxime de prezos previsto na normativa autonómica aplicable.

A entidade beneficiaria non poderá ter recibido axudas financiadas con fondos Estruturais e de Investimento Europeos (EIE) 2007-2013 para o mesmo concepto de gasto.

2. Non se poderá obter a condición de entidade beneficiaria destas subvencións cando concorra algunha das circunstancias ou prohibicións sinaladas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Todos os requisitos e condicións exixidos deberán cumprirse na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

 

Solicitude e tramitación en liña

 

 

Convocatoria:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190806/AnuncioG0425-240719-0001_gl.pdf

 

En prazo de presentacion: Data límite:06/09/2019
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a