Economía, Emprego e Industria: axudas urxentes de tipo social para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos

14/02/2019

Obxecto:  convocar as axudas urxentes de tipo social (en diante, AUXS) para o pagamento da factura eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social e, deste xeito, asegurar a este colectivo o acceso continuado á subministración de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Actuacións, gastos subvencionables e contía das axudas:

  • Os gastos subvencionables serán o 50 % do importe das facturas de electricidade (calculado segundo o establecido no artigo 12 do Real decreto 897/2017), correspondentes á vivenda habitual da persoa solicitante acollida á tarifa de último recurso (TUR) para persoas consumidoras vulnerables severas, que estean pendentes de pagamento na data da solicitude e emitidas antes do 30 de novembro de 2019 por unha comercializadora de referencia (COR) que teña asinado un protocolo de colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria para evitar os cortes de subministración.
  • A contía da subvención será unha cantidade fixa máxima por persoa solicitante de 300 €/ano, ou de 450 €/ano no caso de familias numerosas, que se irá pagando segundo a comercializadora remita as correspondentes facturas á Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

Persoas beneficiarias e requisitos

Poderán solicitar esta axuda as persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan a consideración de consumidor vulnerable severo en risco de exclusión social (artigo 3 do Real decreto 897/2017, do 6 de outubro), que cumpran os seguintes requisitos:

  • Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ser o titular do contrato de subministración eléctrica.
  • Ter contratada a tarifa de último recurso (TUR) con aplicación do bono social de consumidor vulnerable severo (desconto do 40 %), para o que deberán cumprir os límites de renda establecidos.
  • Estar en risco de exclusión social, o que será acreditado mediante certificado ou informe social expedido polos servizos sociais.
  • Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións

Solicitude e tramitación en liña

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190214/AnuncioG0424-281218-0011_gl.pdf

 

 

En prazo de presentacion: Data límite:30/11/2019
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a