Vivenda: Modificación das axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021, en relación ao sistema de pagamento

22/04/2020

Modificación do sistema de pagamento da axuda a partir do mes de xuño de 2020:

 As circunstancias actuais, derivadas da declaración do estado de alarma realizado polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, como consecuencia da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, requiren a adopción de medidas e accións que permitan protexer a poboación e evitar os desprazamentos e o risco de contaxios. Precisamente por iso, considérase conveniente manter durante todo o tempo da axuda o sistema de xustificación e de pagamentos previsto no artigo 36 da Orde do 2 de agosto de 2019 ata o mes de maio de 2020, dado que os particulares o coñecen adecuadamente, e, consecuentemente, deixar sen efecto o sistema de xustificación e de pagamentos que estaba previsto implantar a partir do mes de xuño de 2020. En virtude do anterior, é obrigado suprimir as referencias contidas nos artigos 17, 22, 36 e 37 ao anexo III, de compromiso de someterse ás condicións das axudas ao alugamento de vivendas, das bases reguladoras e da convocatoria, pois o citado anexo pasa a ser innecesario, dado que estaba vinculado ao sistema de xustificación e de pagamento, agora suprimido.

Modificación da convocatoria: 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200422/AnuncioG0532-170420-0001_gl.pdf

 

Obxecto:  Convocar  as axudas ao alugamento de vivendas,(código de procedemento VI432A) e a renovación das ditas axudas (código de procedemento VI432B), de conformidade co Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021:

a) Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas.

b) Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente: a súa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas.

Requisitos das persoas beneficiarias

1. Liña A, axuda ao alugamento de vivenda:  persoas físicas maiores de idade que na data da presentación da solicitude cumpran os seguintes requisitos:

  1. Ter a nacionalidade española ou residir legalmente en España, no caso das persoas estranxeiras.
  2. Ser titulares, en condición de persoa inquilina, dun contrato de alugamento de vivenda cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos, e cuxos efectos económicos sexan anteriores ao último día do prazo de presentación de solicitudes.
  3. Que a vivenda arrendada constitúa a súa residencia habitual e permanente, así como da súa unidade de convivencia durante todo o período polo cal se conceda a axuda. Deben constar todos empadroados na dita vivenda na data da presentación da solicitude.
  4. Que a renda mensual da vivenda alugada non supere os importes establecidos no artigo 10.
  5. Que os ingresos das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a 2 veces o IPREM.. Este límite será de 4 veces o IPREM., se a unidade de convivencia é unha familia numerosa de categoría xeral ou ten persoas cunha discapacidade distinta das sinaladas a continuación. O límite será de cinco 5 veces o IPREM. cando a unidade de convivencia sexa unha familia numerosa de categoría especial ou teña persoas con algún dos seguintes tipos de discapacidade:
    • Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 \%.
    • Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 \%.
  6. Que os ingresos mínimos da unidade de convivencia non sexan inferiores a 0,7 veces o IPREM. Para o cómputo destes ingresos non serán de aplicación os coeficientes multiplicadores previstos no artigo 12.4.

2. Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente:
as persoas físicas maiores de idade que non teñan cumpridos os 35 anos na data de presentación da solicitude e cumpran o resto de requisitos sinalados no punto anterior.

Contía das axudas:

Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: será do 40% da renda mensual que se deba satisfacer polo alugamento. As persoas beneficiarias que na data de presentación da solicitude teñan máis de 65 anos, esta axuda será do 50% da renda mensual que se satisfaga polo alugamento.

Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente, será do 50% da renda mensual que se deba satisfacer polo alugamento.

Tanto na liña A como na liña B, a contía da axuda determinarase en función da renda establecida no contrato, sen que en ningún caso poida ser aumentada, aínda que a citada renda se incremente ao longo da duración do contrato.

Duración das axudas:

.As axudas de ambas as dúas liñas concederanse por un prazo máximo de 3 anos e, en todo caso, ata o 31 de decembro de 2021, prazo de remate da vixencia do Plan 2018-2021. Non obstante, para poder desfrutar das anualidades do segundo e terceiro ano deberá solicitarse a renovación anual no prazo que se sinale na resolución de concesión da axuda inicial ou, de ser o caso, da primeira renovación.

Solicitude da axuda e tramitación ...

 

Solicitude renovación axuda (VI432...

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190911/AnuncioG0532-060819-0002_gl.pdf

 

 

 

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a