Igualdade: axudas á conciliación da vida familiar e laboral, por redución da xornada de traballo, co fin de fomentar a conciliación e corresponsabilid

12/06/2020

Obxecto: Convocar as axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores e familias monoparentais que, entre o 1 de xullo de 2019 e o 30 de xuño de 2020 ambos os dous inclusive, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado dunha filla ou dun fillo menor de tres anos ou menor de 12 anos no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33%.

Así mesmo, poderán acollerse a esta axuda as persoas traballadoras que, cumprindo os requisitos establecidos neste artigo, adopten unha persoa menor ou a teñan en situación de acollemento familiar, nas modalidades de acollemento familiar permanente ou acollemento familiar preadoptivo. Nestes supostos, para ter dereito á axuda non poderán ter transcorrido tres anos desde a data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola cal se constitúe a adopción. En calquera caso, a filla ou fillo por quen se solicita a axuda terá que ser menor de 12 anos.

 

O período máximo subvencionable, continuado ou fraccionado, será de oito meses (8) comprendidos entre o 1 de xullo de 2019 e o 30 de xuño de 2020, ambos os dous inclusive. Para ter dereito á axuda deberá manterse a situación de redución de xornada durante un mínimo de 60 días naturais ininterrompidos. Excepcionalmente, debido a causas xustificadas debidamente acreditadas derivadas da situación de crise sanitaria polo COVID-19 e da declaración do estado de alarma, no cómputo do período mínimo de 60 días naturais ininterrompidos non se terá en conta o tempo de suspensión do contrato de traballo como consecuencia dun expediente de regulación de emprego que teña a súa causa na declaración do estado de alarma.

 

Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas, homes e mulleres (neste último caso só se son familias monoparentais) que no período comprendido, entre o 1 de xullo de 2019 e o 30 de xuño de 2020 ambos os dous inclusive, se acollan á medida de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas menores de tres anos ou menores de 12 anos no suposto de que padezan unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33%.

No suposto de adopción ou de acollemento familiar, para ter dereito a axuda non poderán ter transcorrido máis de tres anos desde a data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou adopción e, en todo caso, a filla ou fillo terá que ser menor de 12 anos.

2. Ademais, entre outros, deberán cumprir os seguintes requisitos ou condicións: a) Estar empadroado en Galicia, como mínimo desde o 1 de xaneiro de 2019 e manter esa situación durante todo o período subvencionado; b) Convivir coa filla ou fillo; c) Se é o caso, a persoa cónxuxe ou parella debe estar traballando; d) Ter uns ingresos non superiores a 7 veces o IPREM segundo a declaración do IRPF do último período impositivo con prazo de presentación vencido (2018).

Importe

A contía das axudas establécese en función da porcentaxe de redución da xornada laboral e da súa duración, e en atención ao número de fillas e fillos menores de 12 anos, nun abano que vai desde 1.700 € e ata 3.700 €.

Cando a xornada se realice a tempo parcial, ou cando o período subvencionable sexa inferior ao máximo (8 meses), as contías das axudas reduciranse proporcionalmente.

 

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 13 de xullo 

 

Solicitude e tramitación en liña

 

 

En prazo de presentacion: Data límite:13/07/2020
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a