Educación: participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar

21/05/2018

Obxecto:

A orde regula, no ámbito dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos e para o curso 2018/19, o procedemento ED330B relativo:

a) Á participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (en diante, EP) e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (en diante, ESO); cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2017/18.

b) Á convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (en diante, EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído nas disposicións adicionais primeira e segunda desta orde.

c) Á convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-Dixgal) no curso 2018/19 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas na disposición adicional primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.

Obrigas das persoas beneficiarias:

As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario do centro ou de axudas para adquirir libros de texto terán as seguintes obrigas:

1. Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2017/18.

Está excluído desta obriga o alumnado beneficiario de axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º de EP, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 \%, e o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo a que se refire a disposición adicional segunda, sempre que os libros ou o material adquirido non se poidan reutilizar.

A falta de devolución dos libros de texto, sexan do curso inmediato anterior ou de calquera outro, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2018/19.

2. Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2018/19 e devolvelos ao rematar este, en xuño ou setembro, segundo o caso.

3. Destinar o importe do vale para libros a adquirir os libros de texto que indique o centro en que estea matriculado o alumnado.

4. Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.

5. Respectar as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición adicional primeira. Alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65 \% matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP ou 1º, 2º 3º e 4º de ESO

Ao alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65 \% matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP ou 1º, 2º, 3º e 4º de ESO en calquera centro sostidos con fondos públicos, incluídos os que participan no proxecto E-Dixgal cando, a xuízo do centro docente, non poida usar os libros de texto ou o material dixital do curso no que estea matriculado e non existan libros adecuados no fondo solidario, o centro expediralle un vale coa axuda establecida, e poderá adquirir libros doutros cursos ou material didáctico e complementario específico que o centro docente determine en cada caso.

Disposición adicional segunda. Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e 1º, 2º 3º e 4º de ESO

Cando, a xuízo do centro docente, o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo matriculado en cursos incluídos no fondo solidario de libros de texto (3º, 4º, 5º e 6º de EP e 1º, 2º 3º e 4º de ESO) non poida usar os libros de texto ou o material dixital do curso no que estea matriculado e non existan libros adecuados no fondo solidario en ningún curso, o centro expediralle un vale coa axuda establecida, co que poderá adquirir libros ou material didáctico e complementario específico que o centro docente determine en cada caso.

Esta situación deberá acreditarse cun informe do centro onde se xustifique a necesidade de adquirir o material indicado para o alumno e a imposibilidade de empregar os libros de texto do fondo solidario de calquera curso, que debe quedar arquivado xunto coa solicitude.


Solicitude e tramitación en liña

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180521/AnuncioG0164-110518-0001_gl.pdf

En prazo de presentacion: Data límite:22/06/2018
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a