Política Social: Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa

18/05/2018

Obxecto: Convocar as axudas para os proxectos de mobilidade transnacional dirixidos á mocidade para a realización de prácticas formativas non laborais en entidades/empresas públicas ou privadas en países europeos, con cargo ao POEX.

A finalidade do programa de mobilidade é reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais dos/das mozos/as inscritos/as no SNGX non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación e á adquisición da experiencia profesional necesaria para a incorporación ao mercado de traballo dunha maneira duradeira no tempo. Ademais, a mobilidade transnacional apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros que aumentan a empregabilidade das persoas novas.

A realización das prácticas formativas non laborais xerará o dereito a solicitar a expedición do certificado de experiencias en educación non formal en materia de mocidade, regulado na Orde do 26 de febreiro de 2015.

As axudas á mobilidade establecidas nesta orde regularanse a través dos seguintes procedementos:

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180518/AnuncioG0425-040518-0005_gl.pdf

Terminou o prazo de presentacion Data límite:18/06/2018
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a