Familias Hoxe
Trámites

Guía de comunicación


Ligazóns
Consellería de Traballo e Benestar
FormacionBenestar.com
Galiña azul
Mediación Intraxudicial
Consorcio Galego
Asociación Galega de Familias Numerosas
Xuventude.net
Voluntariado Galego
Quérote
Preescolar na casa. Educar en Familia

Inicio > Axudas e Subvencións

Emigración: axudas do programa Reencontros na terra para residentes no exterior


16/06/2010

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución do 9 de xuño de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas correspondentes ao programa Reencontros na terra para residentes no exterior e se convocan as correspondentes ao ano 2010.

Obxecto: concesión das axudas en especie correspondentes ao programa Reencontros na terra orientado a promover o contacto dos galegos e galegas residentes no exterior coa súa terra e cos seus familiares, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.

Prazas convocadas, por países:

  • Arxentina: 113
  • Brasil: 10
  • Cuba: 10
  • Uruguai: 50
  • Venezuela: 5
  • Outros países: 2
  • Total: 190

Datas de realización: Os/as beneficiarios/as deste programa viaxarán a Galicia en dúas quendas diferentes. Na primeira viaxarán a finais de outubro 131 participantes, e na segunda viaxarán 59 participantes a mediados do mes de novembro.

Prazo de presentación das solicitudes: 16 de xullo de 2010

Máis información en: www.galiciaaberta.com


En prazo de presentacion:
Data límite:16/07/2010