Economía, Emprego e Industria: programa Emprega Xuventude de incentivos á contratación e formación de persoas mozas

09/04/2019

Obxecto: convocar as subvencións coa finalidadede de facilitar a inserción laboral das persoas mozas menores de 30 anos desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, e favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade.

Por medio desta convocatoria as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación e formación por conta allea.

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

  • Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para os contratos cunha duración mínima de doce meses das persoas desempregadas mozas menores de 30 anos.
  • Bono de formación (opcional), dirixido ás persoas contratadas, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias dos incentivos, as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes

  • Solicitudes de axudas polas contratacións por conta allea subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2018 e o 9 de abril: do 10 de abril ata o 10 de xuño.
  • Solicitudes de axudas por contratacións realizadas dende o 10 de abril: ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida ou temporal pola cal se solicita subvención.
  • O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2019, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado nos parágrafos anteriores.

 

solicitude e tramitación en liña

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190409/AnuncioG0424-280319-0001_gl.pdf

 

En prazo de presentacion: Data límite:30/09/2019
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a