Axencia Instituto Enerxético: subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas de proxectos de biomasa para particulares

07/01/2019

Obxecto: convocar as subvencións, para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de biomasa, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, para o exercicio 2019.

Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible, en concreto, os proxectos de biomasa do grupo B2 (caldeiras con sistemas de alimentación automática e volume de acumulación de combustible V≥ 250 litros e V< 1.000 litros) e grupo B3 (caldeiras con sistema de alimentación automática e volume de acumulación de combustible V≥ 1.000 litros) que se desenvolvan en parroquias definidas como rurais ou intermedias, para os efectos da aplicación do Feader (clasificación ZPP ou ZIP do grao de urbanización da parroquia segundo o GU 2016).

 

Persoas beneficiarias:

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas propietarias de calquera dereito sobre un inmoble de dereito residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións subvencionables se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, as agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade, sen que estas se poidan disolver ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Conceptos subvencionables:

a) O custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción de cinzas).

b) Resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento de sistema.

c) O custo do sistema de almacenamento do combustible.

d) O custo do sistema de alimentación do combustible.

e) O custo de montaxe e conexión.

f) IVE, cando non sexa recuperable conforme a lexislación nacional sobre IVE.

En todo caso, os beneficiarios que gocen da exención do IVE, deberán acreditar esta circunstancia mediante a presentación do correspondente certificado emitido pola Administración tributaria.

 

Prazo de presentación: 29/01/2019 - 28/02/2019

 

Solicitude e tramitación en liña

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190107/AnuncioG0474-111218-0009_gl.pdf

 

 

Terminou o prazo de presentacion Data límite:28/02/2019
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a