Economía, Emprego e Industria: Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración

20/03/2019

Obxecto: Convocar as subvencións destinadas ás empresas para a contratación indefinida inicial, para a contratación temporal cunha duración inicial de 12 meses e para a formación, co fin de favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral dos parados e paradas de longa duración que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo.

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

  • Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima inicial de doce meses das persoas desempregadas de longa duración.
  • Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

Prazo de presentación de solicitudes

  • Para contratacións realizadas entre o 16 de outubro de 2018 e o 20 de marzo: dende o 21 de marzo ao 21 de maio.
  • Para contratacións realizadas a partir do 20 de marzo: deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida ou temporal pola cal se solicita subvención.
  • O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2019, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado nos parágrafos anteriores.

 

Solicitude e tramitación en liña

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190320/AnuncioG0424-060319-0002_gl.pdf

 

 

Terminou o prazo de presentacion Data límite:30/09/2019
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a