Vicépresidencia: axudas previstas polo Decreto 102/2017, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios

30/10/2017

 

Obxecto: convocar as axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro de 2017.

O ámbito territorial das axudas será o da Comunidade Autónoma de Galicia e concretamente o correspondente aos termos municipais dos concellos que sufriron os incedios, sen prexuízo das particularidades que se poidan concretar nas bases de cada convocatoria.

 

Natureza das axudas

 1. A concesión destas axudas terá carácter subsidiario respecto de calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, de que poidan ser beneficiarios os afectados.

2. Non obstante, cando os mencionados sistemas non cubran a totalidade dos danos producidos, as axudas previstas neste decreto concederanse con carácter complementario e serán compatibles en concorrencia con outras subvencións, indemnizacións, axudas, ingresos ou recursos procedentes de sistemas públicos ou privados, estatais ou internacionais, ata o límite do valor do dano producido ou da contía ou porcentaxe deste que se fixe nas correspondentes convocatorias.

 

 

 

Clases de axudas e actuacións:

 

 1- Convenios de colaboración coas entidades locais para facer fronte aos gastos derivados das actuacións levadas a cabo como consecuencia dos incendios e aos danos causados nos bens e dereitos de titularidade municipal. Serán subvencionables:

  • Os gastos derivados das actuacións levadas a cabo para a extinción dos incendios e protección da seguridade das persoas e bens como consecuencia dos incendios.
  • Os gastos derivados da reparación ou reposición dos bens de titularidade municipal prexudicados polos incendios, que non sexan obxecto doutras axudas previstas nesta orde conxunta.

 2- Axudas en réxime de concorrencia non competitiva destinadas a concellos de Galicia para a reposición da sinalización turística afectada polos incendios. Procedemento TU100A

 

3-  Axudas en réxime de concorrencia non competitiva destinadas aos titulares dos establecementos turísticos afectados polos incendios. Procedemento TU100B

4- Axudas en réxime de concorrencia non competitiva destinadas a asociacións, clubs e entidades deportivas sen ánimo de lucro polos danos nas súas instalacións derivados dos incendios, tramitadas como anticipadas de gasto. Procedemento PR945A

5- Axudas por danos persoais: axudas polos danos persoais causados polos incendios que se produciron en Galicia en outubro de 2017, sempre que, como resultado das investigacións iniciadas, se determine a existencia de intencionalidade, e que se relacionan de seguido:

  • Falecemento.

  • Incapacidade permanente absoluta.

  • Lesións que motiven a hospitalización da persoa ferida

Procedemento  FA100A

6- Axudas en réxime de concorrencia non competitiva destinadas a titulares de terreos cinexéticos ordenados de Galicia afectados polos incendios. Procedemento MT100A

 

7- Axudas en réxime de concorrencia non competitiva destinadas sufragar os gastos de aloxamento provisional derivados da sinatura dun contrato de alugueiro nunha vivenda transitoria das persoas cuxas vivendas resultaron danadas polos incendios. Procedemento VI100A

8- Axudas en réxime de concorrencia non competitiva destinadas a sufragar os gastos para reparar os danos nas vivendas e no seu enxoval doméstico. Procedemento VI100B

9- Axudas en réxime de concorrencia non competitiva destinadas a establecementos comerciais, mercantís e industriais. Procedemento IG100A

10- Axudas en réxime de concorrencia non competitiva por rateo por danos para a reposición de infraestruturas e equipamentos privados danados e por danos nas explotacións agrícolas e gandeiras afectadas polos incendios. Procedemento MR616A

11- Axudas en réxime de concorrencia non competitiva destinadas a entidades de carácter asociativo de dereito público ou privado, cuxo fin é a reparación dos danos causados nos bancos marisqueiros da comunidade autónoma que sexan consecuencia dos incendios.

Procedemento PE100A

 

Convocatoria

 

teléfono de información 900815400


borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a