Economía, Emprego e Industria: axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma

16/05/2019

Obxecto: convocar as axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que unha vez finalizado o seu período de descanso por nacemento contraten unha persoa para ampliar a súa conciliación da vida familiar e laboral.

Mediante esta axuda permitirase que a persoa traballadora por conta propia obteña unha compensación para a contratación dunha persoa durante un período máximo dun ano, para favorecer a conciliación da súa vida persoal e laboral e facilitar a continuidade do seu proxecto empresarial.

 

Acción subvencionable e importe da subvención

1. Será subvencionable a contratación realizada por unha persoa traballadora autónoma durante un período máximo dun ano unha vez rematado o seu período de descanso por nacemento, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos na orde.

2. Serán subvencionables as contratacións que se realicen cunha duración mínima de seis meses, que cumprindo cos requisitos establecidos, se inicien entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019.

3. O importe da subvención para compensar a dita contratación será de 500 € por mes completo, segundo a duración indicada na comunicación da contratación, con un máximo de doce meses de contratación. Nos casos de duración incerta a subvención será polos meses indicados na solicitude, que serán os que se comprometa a persoa autónoma a ter a contratación vixente. Sendo polo tanto o importe máximo que se pode percibir de 6.000 €.

4. Canto se trate de contratacións cunha xornada a tempo parcial, a contía será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, na xornada máxima legal.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de setembro.

 

Solicitude e tramitación en liña

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190516/AnuncioG0424-300419-0004_gl.pdf

 

En prazo de presentacion: Data límite:30/09/2019
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a