Educación: axudas para o inicio de estudos universitarios no curso académico 2017/18 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

05/10/2017

Obxecto: axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula universitaria do alumnado que inicie estudos universitarios no curso 2017/18 no Sistema universitario de Galicia conducentes á obtención dun título oficial de grao.

Contía da axuda:

1. A dotación asignada a cada beneficiario/a será a do importe total da matrícula, incluídas as taxas de apertura de expediente e a expedición e mantemento de tarxeta de identidade, sendo dun máximo de 862,90 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura e grao en Belas Artes, e dun máximo de 618,10 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas, tal e como se recolle no Decreto 65/2017, do 6 de xullo, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2017/18 (DOG núm. 134, do 14 de xullo).

2. A axuda só alcanzará os créditos dunha única titulación e especialidade.

3. Quedan excluídas do importe da axuda as exencións e bonificacións do pagamento das taxas a que tiver dereito o/a beneficiario/a.

 

Solicitude e tramitación en liña

 

Convocatoria

Terminou o prazo de presentacion Data límite:06/11/2017
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a