Política Social:subvencións destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo ao 0,7 % do IRPF

29/09/2017

Obxecto:

Convocar as axudas para realizar programas de interese xeral que atenden fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 \\% do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionada pola Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento BS623D).

 

Finalidade das axudas:

Estas axudas destinaranse á realización de actividades de interese xeral que obtivesen financiamento estatal con cargo á asignación tributaria do IRPF na convocatoria do ano 2016 no marco dos seguintes programas:

a) Programas para a atención ás persoas con necesidades de atención integral sociosanitaria.

b) Programas para a atención ás persoas con necesidades educativas ou de inserción laboral.

c) Programas para o fomento da seguridade cidadá e a prevención da delincuencia.

Entidades beneficiarias:

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades do terceiro sector de acción social definidas no artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do terceiro sector de acción social e a Cruz Vermella Española, sempre que reúnan os seguintes requisitos:

a) Estar legalmente constituídas, polo menos con dous anos de antelación á data da convocatoria e, cando proceda, debidamente inscritas no correspondente rexistro administrativo de ámbito autonómico ou estatal. Este último requisito entenderase cumprido coa presentación da solicitude de inscrición dentro do prazo de presentación das solicitudes.

b) Carecer de ánimo de lucro.

c) Ter entre os seus fins institucionais recollidos nos seus estatutos a realización das actividades consideradas subvencionables.

d) Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias, coa Seguridade Social e por reintegro de subvencións, impostas polas disposicións vixentes.

e) Ter obtido axuda con cargo á asignación tributaria do imposto sobre a renda das persoas físicas na convocatoria do ano 2016 para desenvolver os programas obxecto de subvención de maneira real e efectiva no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Dentro dos límites da lexislación autonómica, tamén poderán ser beneficiarias destas subvencións as agrupacións de organizacións sen personalidade xurídica. Estas agrupacións deberán indicar os compromisos asumidos por cada un dos seus membros e o importe da subvención para aplicar a cada un deles. Así mesmo, deberán nomear unha persoa en representación con poderes suficientes para cumprir coas obrigas que, como entidade beneficiaria, corresponden á agrupación. A agrupación non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

3. No caso de que algunha destas entidades sexa unha federación, confederación ou persoa xurídica similar que integre no seu seo a varias entidades, poderá propor de entre estas unha ou varias entidades para executar os programas, as cales actuarán no nome e por conta da entidade solicitante.

No suposto de que a axuda para desenvolver o/s programa/s a que fai referencia a letra e) do punto 1 fose obtida por unha estrutura de ámbito nacional e forme parte dela unha análoga de ámbito autonómico, só poderá obter a condición de beneficiaria esta última.

4. Non se entenderán incluídos dentro da tipoloxía destas entidades do terceiro sector de acción social os organismos ou entidades de dereito público adscritos ou vinculados a unha Administración pública, as universidades, os partidos políticos e as fundacións deles dependentes, os colexios profesionais, as cámaras oficiais de comercio, industria e navegación, as sociedades civís, as organizacións empresariais e os sindicatos, e outras entidades con análogos fins específicos e natureza que os citados anteriormente.

5. Non poderán ser beneficiarias das subvencións reguladas nesta norma as entidades en que concorra algunha das circunstancias contidas nos números 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

 

 

Solicitude e tramitación en liña

 

 

Convocatoria

 

Terminou o prazo de presentacion Data límite:30/10/2017
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a