Educación: axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial da SUG

14/09/2017

Obxecto: convocar, en réxime de concorrencia competitiva, axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula no curso académico 2017/18 de persoas desempregadas con titulación universitaria matriculadas nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Requisitos das persoas solicitantes

Poderán solicitar estas axudas as persoas tituladas universitarias que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar en situación de desemprego na data de publicación desta orde.

b) Ter rematados os estudos universitarios que lle dan acceso aos estudos do máster universitario con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2015.

c) Estar matriculado/a no curso académico 2017/18 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia, dun mínimo de 60 créditos.

d) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia polo menos nos dous últimos anos anteriores á data da publicación desta convocatoria.

e) Estar inscrito/a como demandante de emprego durante un período igual ou superior a 180 días no ano inmediatamente anterior contado ata o último día de prazo para a presentación de solicitudes.

f) Non estar incluídos nos casos de exención total de matrícula previstos no artigo 12 do Decreto 65/2017, do 6 de xullo (DOG nº 134, do 14 de xullo), polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2017/18.

g) Non ter gozado desta axuda en convocatorias anteriores.

 

Solicitude e tramitación en liña

 

Convocatoria

Terminou o prazo de presentacion Data límite:16/10/2017
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a