Vivenda: subvencións para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas

14/06/2017

Obxecto: convocar subvencións a fondo perdido para as persoas promotoras de actuacións de remate de fachadas e cubertas, así como de rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos Camiños de Santiago.

Persoas beneficiarias: Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas promotoras das actuacións que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e, ademais, conten coa resolución de cualificación definitiva ou coa cédula de rehabilitación de calidade.

No suposto de actuacións promovidas por comunidades de propietarios/as, só poderán ser beneficiarias as persoas físicas titulares das vivendas ou dun dereito real que permita acometer as ditas actuacións. Estas persoas serán beneficiarias en función da súa porcentaxe de participación no orzamento protexible das obras.

Importes máximos das subvenciónsAs actuacións subvenciónanse nunha contía equivalente ao 50 por 100 do orzamento que figure na resolución de cualificación definitiva, sen que esta subvención poida superar a cantidade de 6.600 euros, no caso das modalidades de remate de fachada e rehabilitación, e a cantidade de 8.600 euros, na modalidade de reconstrución de edificios e vivendas.

 

 

Solicitude e tramitación en liña

 

 

Convocatoria

Terminou o prazo de presentacion Data límite:14/07/2017
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a