Política social: axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal e/ou complementarios de asistencia persoal

11/04/2017

Obxecto: Convocar as axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como a adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, para persoas con discapacidade empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva e de carácter non periódico.

Actuacións subvencionables

1. Adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal que teñen por finalidade desenvolver e manter a capacidade persoal de controlar, afrontar e tomar decisións acerca de como vivir de acordo coas normas e preferencias propias e facilitar a execución das actividades básicas da vida diaria, de maneira que todas as persoas poidan levar unha vida o máis autónoma posible. Considéranse servizos de promoción da autonomía persoal subvencionables ao abeiro desta orde os enumerados no anexo I, de acordo co disposto no Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo.

Para poder ser subvencionable o servizo de transporte adaptado ou asistido, deberá xustificarse a vinculación deste servizo para o goce doutro servizo/prestación social, ou como medio de asistencia ao traballo ou a unha actividade formativa non obrigatoria do Sistema público educativo cando non se enmarque dentro do ámbito das competencias propias do Sistema educativo.

2. Adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal que, de conformidade co Decreto 149/2013, do 5 de setembro, serán subvencionables:

– Asistencia nas necesidades de carácter doméstico e da vivenda.

– Asistencia nas actividades básicas da vida diaria.

– Asistencia en xestións administrativas ou doutra natureza fóra do domicilio.

– Asistencia en actividades de participación social, educativa, laboral ou de lecer.

 

Solicitude e tramitación en liña

 

Convocatoria

Terminou o prazo de presentacion Data límite:11/05/2017
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a