Economía, Emprego e Industria: Plan Renove de instalacións eléctricas comúns

15/03/2017

Obxecto: A concesión de axudas por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria destinadas á renovación de instalacións eléctricas comúns en edificios de vivendas, co fin de mellorar as súas condicións de seguridade e favorecer a incorporación de medidas de eficiencia enerxética.

As reformas das instalacións eléctricas que se realicen deben cumprir coas seguintes condicións:

– Realizarse no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Os edificios estarán destinadas principalmente a vivendas e dispor de máis de dúas subministracións destinadas a esta finalidade.

– Tratarse de instalacións de titularidade de comunidades de propietarios ou predios de propiedade de particulares.

– As instalacións deberán quedar adaptadas na súa totalidade ao Real Decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión e as súas ITC.

– Os aparellos que sexa preciso instalar deberán ser novos e cumprir coa lexislación que lles sexa de aplicación (marcación CE, etc.).

Será subvencionable a reforma das instalacións eléctricas comúns dos edificios de máis de 25 anos destinados principalmente a vivendas para adaptalas na súa totalidade ao Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión e as súas ITC.

Isto inclúe a reforma das instalacións de enlace (desde a caixa xeral de protección, ou caixas xerais de protección, incluídas estas, ata os cadros xerais das instalacións receptoras dos usuarios), a toma de terra, o cadro de servizos comúns, as portas RF e as instalacións correspondentes aos servizos xerais do edificio.

Considérase subvencionable a substitución de chaves e interruptores convencionais por detectores de presenza.

Considéranse tamén custos subvencionables os relativos á pequenas obras auxiliares de construción necesarias para acometer a instalación, sempre e cando veña detallado na factura.

 

Prazo de presentación de solicitudes: 02/05/2017 - 01/09/2017

 

 

Información complementaria

 

Convocatoria

 

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a