Política Social: axudas económicas ás familias para a atención a domicilio de nenas e nenos menores de 12 anos, Bono coidado

08/03/2019

Obxecto: convocar as axudas económicas ás familias con nenos e nenas menores de doce anos que teñan a súa residencia en Galicia e precisen dun recurso para cubrir as necesidades puntuais derivadas da conciliación das obrigas laborais e persoais e das responsabilidades familiares que se produzan entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de novembro de 2019.

Persoas beneficiarias:  Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Bono coidado os pais/nais, titores/as ou as persoas que teñan en situación de acollemento familiar ou garda preadoptiva nenos/as menores de doce anos residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se encontren nos supostos seguintes:

  • Ter unha nena ou un neno nada/o con posterioridade ao 31 de decembro de 2006 cando o servizo para o cal se solicita axuda se recibise no último trimestre do ano 2018, e con posterioridade ao 31 de decembro de 2007 para aqueles que se reciban durante o período subvencionable do ano 2019.
  • Que a renda da unidade familiar, entendida como a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro, non supere os 45.000 € ou os 13.500 € per cápita. Para estes efectos, terase en conta a declaración do IRPF do ano 2017.

Ademais, as persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Tipo de axuda:   A axuda consistirá nunha achega para contribuír ao pagamento do importe de servizos de atención á infancia a domicilio e/ou de servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social para atender necesidades puntuais -ludotecas, espazos infantís ou servizos complementarios de atención á infancia- previstos na sección quinta do capítulo III do Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, nos seguintes supostos convenientemente acreditados:

  • Enfermidade do/da menor e imposibilidade de ser coidado/a polos membros da unidade familiar.
  • Enfermidade da persoa coidadora habitual.
  • Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación.
  • Situacións puntuais de carácter laboral ou de coidado, tanto do cónxuxe ou parella como de familiares ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade, que impidan a atención do/da neno/a polos membros da unidade familiar.

Con carácter xeral, concederase un máximo de 80 horas por familia para a totalidade do período subvencionado. O número total de horas concedido incrementarase un 15% por cada fillo/a menor de doce anos a partir do primeiro.

A contía da dita axuda estará en función da renda per cápita da unidade familiar, de acordo cos seguintes tramos:

  1. Renda per cápita familiar ata 3.750 euros: 14 €/hora no caso de servizos a domicilio ou o 100% do importe facturado, cun límite de 5 €/hora para o resto de servizos.
  2. Renda per cápita familiar superior a 3.750 e ata 7.500 euros:  11 €/hora no caso de servizos a domicilio ou o 80% do importe facturado, cun límite de 4 €/hora para o resto de servizos.
  3. Renda per cápita familiar superior a 7.500 e ata 10.000 euros: 9 €/hora no caso de servizos a domicilio ou o 65% do importe facturado, cun límite de 3,25 €/hora para o resto de servizos.
  4. Renda per cápita familiar superior a 10.000 e ata 13.500 euros ou superior dentro dos límites establecidos no artigo 3.1.b): 7 €/hora no caso de servizos a domicilio ou o 50% do importe facturado, cun límite de 2,5 €/hora para o resto de servizos.

 

As mulleres vítimas de violencia de xénero recibirán en todo caso a axuda prevista no punto 1.

O período subvencionable comprenderá desde o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de novembro de 2019.

 

 Lugar e prazo de solicitude:

As solicitudes, xunto coa documentación requirida, presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es). Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

As solicitudes de axuda poderán presentarse dende o día 9 de marzo  ata o día 2 de setembro de 2019.

 

Solicitude e/ou tramitación en liña

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190308/AnuncioG0425-260219-0001_gl.pdf

 

 

 

En prazo de presentacion: Data límite:02/09/2019
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a