IGAPE: Axudas a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17)

27/09/2017

Obxecto

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto incrementar e incentivar a demanda interna de materiais de rehabilitación e pezas de mobiliario para cociña e baño en Galicia, e tratar de repercutir con ela nos sectores industriais e comerciais galegos.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas, maiores de idade, consumidoras individuais, propietarias ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial situados na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que os bens subvencionables se adquiran nunha entidade colaboradora adherida ao Programa Reforma17 e se destinen ao dito inmoble.

Prazo de presentación das solicitudes: do 11/10/2017 - 17/11/2017, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.

As entidades colaboradoras do Programa Reforma17 son as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación).

 

Convocatoria

 

Terminou o prazo de presentacion Data límite:17/11/2017
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a