Política Social: Axudas para a posta en marcha de Casas Niño

01/08/2018

Obxecto: Convocar as axudas para a posta en marcha de experiencias piloto destinadas á atención de nenas e nenos de ata tres anos de idade, mediante o establecemento dunha casa niño, nos núcleos rurais do territorio da Comunidade autónoma de Galicia en que non exista ningún outro recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade.

Para os efectos desta orde considéranse núcleos rurais os concellos de menos de cinco mil habitantes e enténdese por recursos de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade as escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais, as escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, as escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais e as escolas infantís 0-3 dependentes das entidades privadas de iniciativa social que reciban axudas da Xunta de Galicia para mantemento do centro. Así mesmo, se considerará que existen estes recursos se están en construción ou previstos en un documento de planificación da Administración autonómica ou local.

Así mesmo, convócanse as ditas axudas para a posta en marcha do proxecto piloto de casas niño durante os anos 2018, 2019, 2020 e 2021.

A casa niño ofrecerá unha atención integral e personalizada a nenos e nenas en idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos, a cal comprenderá a atención específica das súas necesidades básicas de alimentación, hixiene e descanso de acordo coa súa idade e a contribución ao seu desenvolvemento físico, motor, afectivo, intelectual e social. A este respecto deseñarase e organizarase un ambiente que faga posible a construción das primeiras aprendizaxes de identidade e autonomía persoal, de relación co contorno e de comunicación social, sempre en estreita colaboración coas familias.

Ofertarán, con carácter gratuíto, atención diúrna, de luns a venres durante todo o ano agás os días festivos e un mes cada doce, en que a casa niño permanecerá pechada por vacacións.

 A atención prestada comprenderá o servizo de cociña, entendendo por este o quentado de alimentos, a hixiene dos nenos e nenas e o desenvolvemento de actividades de tipo educativo, como obradoiros e xogos e acompañamento no xogo libre. En todo caso serán achegados polas familias tanto o leite e alimentos xa cociñados como o material de hixiene tales como cueiros, toalliñas ou cremas.

Cada casa niño terá un máximo de cinco prazas e para os efectos desta orde as nenas e nenos con necesidades específicas de apoio educativo suporán dúas prazas, non podendo, en ningún caso, haber máis dun neno/a con estas necesidades por casa.

 

Persoas beneficiarias: As persoas físicas e as cooperativas de traballo asociado, que cumpran os requisitos esixidos na orde de convocatoria.

 

Accións e gastos subvencionables.
Serán subvencionables ao abeiro desta convocatoria as seguintes actuacións:
a) A reforma e adaptación da vivenda destinada a servir de casa niño, así como o seu equipamento e dotación material.
b) A prestación da atención personalizada de nenos e nenas de 0 - 3 anos.

c) A publicidade e información requerida segundo orde de convocatoria.

 

Solicitude e tramitación en liña

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Convocatoria

 

 

 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Terminou o prazo de presentacion Data límite:03/09/2018
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a