Educación: Axudas ao alumnado universitario que por causas sobrevidas e imprevistas teña dificultades económicas para continuar os estudos.

06/02/2018

Obxecto:  convocar, en réxime de concorrencia non competitiva, axudas destinadas ao alumnado matriculado en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, no curso académico 2017/18, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas durante o actual curso académico que lle impida ou dificulte a continuidade dos seus estudos.

 

Requisitos das persoas solicitantes

Poderá solicitar estas axudas o alumnado universitario que cumpra os seguintes requisitos:

 

  • Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida e imprevista ocorrida no actual curso académico (orfandade absoluta; situación de desemprego, falecemento, falta de pagamento acreditada por denuncia ou sentenza de pensións alimenticias nos casos de separación ou divorcio, enfermidade grave, recoñecemento de incapacidade permanente absoluta para todo traballo dalgún dos sustentadores principais da unidade familiar; vítimas de violencia de xénero; vítimas de actos terroristas e outras circunstancias non recollidas que, sendo debidamente acreditadas, repercutan na situación socioeconómica familiar).
  • Que a situación sobrevida e imprevista acontecese durante o actual curso académico 2017/18. Entenderase por curso académico o comprendido entre o 1 de setembro de 2017 e o 30 de xuño de 2018.
  • Estar matriculado, no curso académico 2017/18, como mínimo en 50 créditos, en estudos universitarios conducentes a unha titulación de grao, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, agás o alumnado a que lle reste un número inferior de créditos para rematar os seus estudos que deberá de estar matriculado como mínimo de 30 créditos.
  • Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual que estableza a Lei de orzamentos xerais do estado para o ano 2018, multiplicada por 1,50.
  • Non ter percibido esta axuda con anterioridade.

 

Prazo de presentación das solicitudes:

– Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será ata o 6 de marzo.

– Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes o 31 de xullo de 2018.

 

Solicitude e/ou tramitación en liña

 

 

 

Convocatoria

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

En prazo de presentacion: Data límite:06/03/2018
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a