Familia: prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2017

03/04/2017

Persoas beneficiarias:

  • Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2017 (nados entre o 2.1.2014 e o 1.1.2017, incluídos) e que, durante o ano 2015, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso. No caso de fillas ou fillos adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2015 e o 31 de decembro de 2016, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou o acollemento.
  • Nos supostos de que exista unha resolución xudicial que atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, a persoa beneficiaria será aquela que teña a custodia das fillas ou fillos, de acordo co establecido na dita resolución.
  • Para os efectos desta orde, enténdese por unidade familiar a formada polo pai e/ou a nai que teña/n a custodia do ou da menor polo que se solicita a axuda e os fillos e fillas da persoa solicitante.
  • En ningún caso poderán ser beneficiarias as persoas proxenitoras privadas da patria potestade das súas fillas ou fillos, ou se a tutela ou a garda fose asumida por unha institución pública.
  • As persoas estranxeiras que residan en Galicia poderán beneficiarse desta prestación sempre que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, e os requisitos establecidos nesta orde. Ademais, deberán ter a condición de contribuíntes para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas e da modificación parcial das leis dos impostos sobre sociedades, sobre a renda de non residentes e sobre o patrimonio.
  • As persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Requisitos

  • Residir en Galicia.
  • Que as/os nenas/os convivan coa persoa solicitante na data da solicitude.

Os requisitos para ter dereito a esta prestación deberán reunirse o último día do prazo de presentación de solicitudes.

Tipo de axuda e contía:

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:
– Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
– Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
– Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

Solicitudes e documentación:

1. A solicitude formalizarase no formulario normalizado que figura como anexo I desta orde e que estará dispoñible na Guía de procedementos e servizos que se atopa no enderezo:

https://sede.xunta.es/detalle-proc...

2. Se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación sinalada, requirirase a persoa interesada para que, no prazo de 10 días, emende a falta ou presente os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se entenderá que desiste da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación co artigo 21 da dita lei.

3. As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:

a) Copia do libro ou libros de familia en que consten todas as fillas e fillos da persoa solicitante ou certificación de nacemento do rexistro civil de cada unha das fillas ou fillos da persoa solicitante, para os efectos de acreditar a data de nacemento e o número de orde que ocupa a filla ou fillo na descendencia da persoa solicitante.

b) Xustificante de empadroamento conxunto de todos os membros da unidade familiar. Estes xustificantes deberán ter unha antigüidade máxima de 6 meses.

c) No caso de nulidade, separación ou divorcio copia da sentenza ou da resolución xudicial que estableza as medidas paterno-filiais dos fillos e fillas comúns, acompañada, de ser o caso, do correspondente convenio regulador.

d) Copia da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou acollemento, no suposto de que a súa formalización se realizase noutra comunidade autónoma, de ser o caso.

e) Anexo II debidamente cuberto e asinado pola persoa proxenitora que non figure como solicitante e que forme parte da unidade familiar. De non achegar este documento, deberá xustificarse presentando a documentación que figura na letras c) deste artigo ou certificado de monoparentalidade expedido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

4. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) Copia do DNI ou NIE da persoa cónxuxe ou parella que non apareza como solicitante.

c) Certificado expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria, de non ter presentado a declaración da renda das persoas físicas do ano 2015 da persoa solicitante.

d) Certificado expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria, de non ter presentado a declaración da renda das persoas físicas do ano 2015 do cónxuxe ou parella da persoa solicitante.

e) Datos de empadroamento da persoa proxenitora que non figure como solicitante e que non apareza no xustificante de empadroamento conxunto (anexo II).

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a. No suposto das familias monoparentais definidas no artigo 13 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, certificado de monoparentalidade expedido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social.

b. Resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou acollemento formalizada en Galicia.

Vía de presentación de solicitudes:

  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia. Pinche aquí
  • Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 29 de maio de 2017

 

Solicitude e/ou tramitación en liña

 

 

Convocatoria

 

Terminou o prazo de presentacion Data límite:29/05/2017
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a