Educación: axudas de mobilidade complementarias de Erasmus+ para o alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores

29/07/2020

Obxecto: Convocar as axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas aos/ás estudantes de ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia que participan no citado programa de mobilidade na educación superior durante o curso 2019/2020.

 

Requisitos dos/as solicitantes

1. Poderá solicitar estas axudas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

  • Estar matriculado no curso 2019/20 en calquera dos centros públicos que impartan ensinanzas artísticas superiores na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ter obtido unha bolsa Erasmus+ de mobilidade no curso 2019/20.
  • Non ter desfrutado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.

2. Queda excluído desta convocatoria o alumnado que, con nacionalidade distinta á española, realice a mobilidade no seu país de orixe.

 

Contía das axudas

A contía dependerá do país de destino :

  • 195 €/mes para Dinamarca, Finlandia, Irlanda, Islandia, Liechtenstein, Luxemburgo, Noruega, Reino Unido, Suecia
  • 165 €/mes para Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Grecia, Francia, Italia, Malta, Países Baixos, Portugal
  • 125 €/mes para República de Macedonia do Norte, Bulgaria, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, República Checa, Romanía, Serbia, Turquía

E, de haber orzamento restante dispoñible, adxudicarase entre as persoas solicitantes que posúan unha maior media no seu expediente académico, asignaráselles unha contía de 500 € por solicitante ata esgotar o orzamento. No caso de que o crédito resultante for inferior a 500 €, adxudicarase a cantidade resultante ao seguinte solicitante coa maior media.

 

Solicitude e tramitación en liña

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200729/AnuncioG0534-200720-0001_gl.pdf


 

Terminou o prazo de presentacion Data límite:31/08/2020
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a