Emigración: axudas de emerxencia social e para a realización de viaxes por razóns de interese social, asistencial ou humanitario

19/04/2017

Obxecto:
Subvencións a persoa galegas emigrantes e a seus descendentes, que residan no exterior e se atopen en grave risco de exclusión ou necesidade, para atender situacións sobrevidas de carácter extraordinario de emerxencia social, sanitaria ou asistencial que precisen dunha actuación urxente ou para as que teñan por finalidade sufragar os custos de viaxes que teñan que realizar, por razóns destas características.


Segundo o tipo de finalidade, serán subvencionables os gastos derivados dos seguintes conceptos:

a) Os derivados das urxencias sociais e sanitarias. consideraranse razóns sociais, sanitarias ou asistenciais as seguintes:

  • Atoparse no exterior en situacións de marxinación social ou de tal grao de dependencia que a persoa non se poida valer por si mesma e non teña cuberta a necesidade de atención por ningún medio.
  • Situacións derivadas da perda, inadecuación ou dotación básica da vivenda habitual ou familiar e carecer de medios para paliar esta situación.
  • Situacións derivadas de problemas perentorios referidos á alimentación, vestido, edu-cación e outros de natureza análoga non cubertos polos diferentes sistemas de protección.
  • Situacións derivadas de problemas sanitarios graves cuxo tratamento non estea de-bidamente cuberto ou con respecto dos cales, para a axuda de viaxes, a súa atención no Estado español supoña unha vantaxe significativa. Nestes casos, a persoa solicitante da axuda deberá de acreditar previamente que ten cuberta a correspondente prestación sa-nitaria.
  • Situacións sobrevidas causadas por graves catástrofes naturais ou outras causas que provoquen a perda ou grave deterioración da vivenda habitual e do enxoval.
  • Aqueloutras situacións de carácter social, asistencial ou humanitario que deriven na necesidade dunha intervención urxente.

b) De custos de viaxe: os necesarios para paliar os efectos das causas expostas anteriormente que precisen o traslado da persoa interesada a outro país que non sexa o de residencia habitual. Para estes efectos entenderanse incluídos nestes custos os de emisión do billete, así como os correspondentes a taxas e impostos directamente relacionados coa emisión daquel. De ser o caso, tamén se entenderán incluídos os custos derivados da tramitación de permisos ou documentos oficiais que sexan requisito indispensable para efectuar a viaxe

 

O prazo de presentación de solicitudes: do día 20 de abril ata o 30 de novembro.


Solicitude e tramitación en liña.

 

Convocatoria

 

 

 

En prazo de presentacion: Data límite:30/11/2017
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a