Familias Hoxe
Trámites

Guía de comunicación


Ligazóns
Consellería de Traballo e Benestar
FormacionBenestar.com
Galiña azul
Mediación Intraxudicial
Consorcio Galego
Asociación Galega de Familias Numerosas
Xuventude.net
Voluntariado Galego
Quérote
Preescolar na casa. Educar en Familia

Inicio > Axudas e Subvencións

Adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3


02/09/2009

O DOG do dia 9 de marzo publica a Orde do 2 de marzo de 2009 que regula o procedemento
de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 para o curso 2009/2010.

Serán requisitos imprescindibles para ser adxudicataria/o de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Xunta de Galicia:
a) Que a/o nena/o teña a súa residencia en Galicia e teña nacido no momento de presentación da solicitude.
b) Idade da/o nena/o:
            - Ter unha idade mínima de tres meses na data de ingreso.
            - Non ter cumpridos 3 anos o 31 de decembro de 2009.
Non obstante, poderán eximirse do límite de idade as nenas e os nenos de integración logo da emisión do ditame do equipo de orientación específico, dependente da Inspección de Educación en cada delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
c) Para a reserva de praza é requisito imprescindible estar ao día no pagamento das cotas mensuais na data de presentación da solicitude.