Familias Hoxe
Trámites

Guía de comunicación


Ligazóns
Consellería de Traballo e Benestar
FormacionBenestar.com
Galiña azul
Mediación Intraxudicial
Consorcio Galego
Asociación Galega de Familias Numerosas
Xuventude.net
Voluntariado Galego
Quérote
Preescolar na casa. Educar en Familia

Inicio > Axudas e Subvencións

Convocadas as subvencións para a cobertura de custo de procesos de mediación familiar en Galicia


12/02/2009

O dia 12 de febreiro publicouse no DOG a Orde do 2 de febreiro de 2009 pola que se
regulan as subvencións para a cobertura do custo de procesos de mediación familiar en Galicia e se procede á súa convocatoria.

Esta orde ten por obxecto a convocatoria e a aprobación das bases polas que se rexe a concesión de axudas económicas para a cobertura dos custos dos procesos de mediación familiar que se realicen dentro do marco do programa Mediagal ao longo do ano 2008.

A axuda convocada consiste na cobertura do custo dun proceso de mediación familiar cun máximo de seis sesións, mediante a adxudicación e entrega ás persoas beneficiarias de cheques de servizo gratuíto cun valor nominal de 60 euros por sesión de mediación e ata un máximo de 360 euros.

Beneficiarias/os. Poderán ser beneficiarias as persoas residentes en Galicia unidas por vínculo matrimonial ou que forman unha unión estable de parella, que se atopen nun proceso de separación, divorcio ou nulidade do matrimonio ou ben de ruptura da unión, así como en conflitos de convivencia e que teñan ou non iniciado ou solicitado a iniciación dun proceso de mediación a partir do 1 de xaneiro de 2008 con algún dos e das profesionais inscritas ou inscritos no Rexistro de Mediadores e Mediadoras de Galicia e estean adheridos/as ao programa Mediagal de mediación familiar galega.

Solicitudes e documentación. As solicitudes de subvención presentaranse mediante instancia segundo o modelo oficial (anexo I) debidamente cuberto e subscrito polas persoas solicitantes xunto coa seguinte documentación:
   -  Fotocopia do DNI ou NIE da persoa solicitante e do seu cónxuxe e/ou parella.
   -  Copia do libro de familia ou declaración xurada de convivencia.
   -  Certificado de empadroamento das persoas solicitantes.
   -  Declaración xurada de non percibir subvencións para igual ou análoga finalidade outorgadas por outras administracións públicas ou, de ser o caso, relación das solicitadas.