Convocadas as axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 e os puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais
15/09/2009
O día 15 de setembro publicouse no DOG a Orde do 31 de agosto de 2009 pola que se
regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión das axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 e os puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais, e se procede á súa convocatoria. O prazo de solicitude remata o día 15 de outubro.
Poderán solicitar estas axudas as corporacións locais galegas que, ademais dos requisitos xerais e específicos establecidos nesta orde, reúnan as seguintes condicións:
a) Que teñan en funcionamento ou ben unha/s escola/s infantil/ís 0-3 ou ben un/s punto/s de atención á infancia (PAI) da súa titularidade.
b) Que a corporación local non pertenza ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ou, no caso de pertenza ao consorcio, que, tendo subscrita a súa adhesión, non iniciase o proceso de transferencia da xestión do/s centro/s da súa titularidade no momento de remate do prazo establecido para a presentación de solicitudes, circunstancia esta última que se acreditará mediante a correspondente certificación da xerencia do consorcio.