Familias Hoxe
Trámites

Guía de comunicación


Ligazóns
Consellería de Traballo e Benestar
FormacionBenestar.com
Galiña azul
Mediación Intraxudicial
Consorcio Galego
Asociación Galega de Familias Numerosas
Xuventude.net
Voluntariado Galego
Quérote
Preescolar na casa. Educar en Familia

Inicio > Axudas e Subvencións

Axudas para programas de apoio a familias monoparentais con menores ao seu cargo


26/02/2009

O Diario Oficial de Galicia fai pública hoxe a convocatoria de axudas para o financiamento de programas de apoio a familias monoparentais con fillos e fillas menores ao seu cargo. Poderán concorrer a ela as entidades en animo de lucro inscritas no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.

A convocatoria destas axudas responde á necesidade detectada pola Vicepresidencia da Xunta de Galicia de desenvolver programas específicos de apoio a familias monoparentais con fillos e fillas menores ao seu cargo.

O seu obxectivo é favorecer a incorporación ao mundo laboral das persoas responsables destas familias, posibilitándolles a conciliación da vida familiar e laboral, e facilitándolles aos menores unha atención especializada, tendo en conta, ademais, que as mulleres representan a maior porcentaxe entre estes proxenitores.

Poderán concorrer a estas axudas as entidades sen ánimo de lucro que presenten un programa de apoio a familias monoparentais, sempre que estean debidamente inscritas no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar


Obxectivos

O obxecto destas axudas é a prestación de apoio ás familias formadas por un único proxenitor con fillos e fillas menores ao seu cargo, mediante o establecemento de accións específicas, que teñan como finalidade os seguintes obxectivos:

  • Potenciar a autonomía das familias monoparentais, eliminando ou mellorando a súa situación de vulnerabilidade e/ou precariedade.
  • Axudar á crianza dos nenos e nenas e favorecer a súa socialización.
  • Favorecer a incorporación da persoa responsable da familia ao mundo laboral, posibilitarlle a asistencia a actividades de formación laboral ou formación continua e posibilitar o autoemprego. .
  • Promover a inserción e permanencia laboral das mulleres soas con responsabilidades familiares e favorecer a súa promoción profesional. .
  • Facilitar que estes proxenitores sós poidan participar en igualdade de oportunidades e dispoñan de tempo para realizar actividades sociais e/ou culturais.
  • Previr situacións de risco social. .


Lugar e prazo de presentación de solicitudes

A documentación requerida, que se pode consultar aquí presentarase na oficina do rexistro xeral do edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela ou nos rexistros das delegacións provinciais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.


Terminou o prazo de presentacion
Data límite:26/03/2009